Saturday 04 de May de 2024

Os Reis Magos recibirán mañá á cativada de Lousame na Casa da Cultura e con cita previa


A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá mércores 5 de xaneiro unha recepción dos Reis Magos, que seguirá o mesmo procedemento co ano anterior. Así, durante as derradeiras semanas a veciñanza de Lousame puido escoller a hora de visita á recepción real de forma gratuíta a través de bandoticket.

A recepción terá lugar en quendas de 10 minutos entre as 10:30 e as 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. As familias entrarán por unha das portas do auditorio e, despois de estar os seus dez minutos cos tres reis magos, sairán pola outra porta do auditorio, de forma que non haberá contacto entre os distintos grupos familiares.